Portos e Marinas de Galicia abordan a aplicación da modificación da Lei de Portos que permite ampliar ata 75 anos as concesións das instalacións náuticas

19 Marzo 2025

Este ano entrou en vigor a modificación da Lei de Portos impulsada pola Xunta para permitir a ampliación dos prazos de vixencia das concesións en terreos portuarios de titularidade autonómica, chegando ata os 75 anos para empresas e entidades con actividade estratéxica para os portos. O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, reuniuse con representantes de Marinas de Galicia, entidade que agrupa a concesionarios de portos deportivos de titularidade autonómica, para abordar a aplicación deste cambio normativo e fomentar o investimento nos portos náuticos, co consecuente aumento de actividade económica, xeración de riqueza e emprego neste sector crave dos portos galegos.

Nesta liña, o presidente da entidade pública compartiu expectativas para este ano, despois de que o ano pasado rexistrásense 5.834 tránsitos de embarcacións estranxeiras nas 73 instalacións náutico-deportivas da comunidade, sumando un total de 31.200 pernoitas. Destacou o potencial de Galicia no desenvolvemento desta modalidade de turismo, vinculada ao Camiño de Santiago por mar e á gastronomía galega, que serve como elemento dinamizador das economías das comunidades costeiras. O volume de negocio alcanzou os 6,2 millóns de euros en 2024, grazas a unha media de ocupación superior ao 80% ao longo dos 12 meses.

José Antonio Álvarez valorou a estreita colaboración de Portos con estas entidades para impulsar medidas que melloren a calidade dos servizos aos usuarios, promovendo a excelencia que permita atraer máis tránsitos e fomentando o crecemento do turismo náutico en Galicia. Ademais, búscase a obtención de certificados como a Bandeira Azul, S de Sustentabilidade, Q, EMAS ou ISO 14001. Este traballo compleméntase coa promoción diferenciada en feiras internacionais como as da Rochelle, Southampton, Düsseldorf, Ámsterdam ou París, co obxectivo de posicionar á comunidade como un destino de turismo náutico de referencia no Atlántico europeo.

Outros artigos

Venres de transición nas Rías Baixas e Compostela

Ceo presentará nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol e nubes de evolución Galicia encara este venres 8, San Caetano, baixo unha atmosfera pouco definida que deixará sentir os seus contrastes máis acusados no eixe que conecta a capital galega coa liña...

+

A Regata Rías Baixas fará escala na Pobra o vindeiro 14 de agosto

A Pobra do Caramiñal acolleu este xoves a presentación da etapa da Regata Rías Baixas, que terá como destino a vila o vindeiro venres 14 de agosto, procedente de Portonovo. Trátase dunha das citas máis destacadas do calendario náutico galego, que reunirá na localidade...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.