Porto do Son viviu a súa gran festa de Entroido que entregou máis de 3.700 euros en premios

04 Marzo 2025

Porto do Son volveu celebrar o seu Entroido por todo o alto, no que centos de veciños e veciñas achegáronse durante estes cinco días de festexos e nos que se repartiron 3.775 euros en premios.

O sábado 1 de marzo celebrouse o concurso infantil de disfraces que contou con tres categorías: individual, parellas e grupos. Entre as decenas de participantes resultaron proclamados rei Etteling, un mundo de fantasía e a Raíña foi Baila co Vento.

Na categoría individual quedou en primeiro lugar Pavo Real, en segundo Dulce Mezcla e en terceiro Coruxas, Serpes e Bruxas. En parellas o primeiro premio foi para Cultura no Camiño, a prata foi para La Corona Británica e en terceiro posto Momias.

En canto á categoría de grupos o vencedor foi Circo Xirarei e os segundo lugar para Enxiada Encaixamos.

A xornada estivo marcada pola música, a diversión e contou cunha mini-ruada desde a praza España até a carpa da fachada marítima coas nenas e nenos concursantes.

Un día despois, o 2 de marzo, celebrouse a foliada choqueira en Porto do Son e a Festa da Filloa en Portosín, que volveron ser todo un éxito e onde as persoas asistentes gozaron dunha gran tarde de boa música tradicional, degustando as delicias típicas do Entroido.

A festa da filloa en Portosín

O luns, 3 de marzo, celebrouse o concurso de adultos de disfraces que contou tamén con tres categorías: individual/parella, grupo e comparsas.
Na categoría individual/parella quedou en primeiro lugar Os cabezudos africanos, en segundo lugar Pavo Real e en terceiro Cisnes de Ocaso y Alba.

Na categoría de o primeiro posto foi para Cine Avenida, o segundo para Carnaval Veneciano e o terceiro para AMPA Máxico. En canto á categoría de comparsas o primeiro premio foi para EL Reino de Baset, o segundo para Trouleando e o terceiro foi para Aquelarre Valquiria.

A xornada estivo marcada pola música, a diversión e contou coa ruada e as actuacións Little Garden’de Pablo Méndez e da Comparsa Os Solfamidas na Carpa. Todo isto presentado por Juan de Troula que foi o encargado de elixir o xurado popular ante o público asistente.

Para a xornada de hoxe, martes de Entroido, haberá inchábeis desde as 16:30 ata as 20:30 h no polideportivo Santa Irene.

Por último, o Mércores de Cinza, 5 de marzo, celebrarase o Enterro do Felipiño, a partir das 19:30 h no Acompañamento do Defuntiño.

O alcalde, Luis Oujo, xunto cos concelleiros Carlos Lorenzo e Alicia Martínez, foron os encargados de entregar os premios a todas as persoas gañadoras. O rexedor felicitou a todas as persoas participantes “por preservar o espírito do entroido e por gozar, outro ano máis, dunha gas festas máis senlleiras da nosa comunidade”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.