Porto do Son botouse ao monte este domingo pola igualdade

17 Marzo 2025

Porto do Son celebrou este domingo 16 de marzo unha nova actividade do Concello encadrada na celebración do 8M, Día Internacional da Muller: unha actividade participativa que tivo o obxectivo de visualizar dende o lecer ao aire libre a necesidade de seguir derrubando os muros que discriminan ás mulleres en múltiples ámbitos da vida diaria. A Andaina pola Igualdade, que tivo que ser aprazada dende o 9 de marzo por mol do mal tempo, contou coa presenza dun centenar de persoas, aproximadamente, entre as que se contaban membros do Concello e da Corporación, incluído o alcalde Luis Oujo, quen sinalou que foi “un día estelar para gozar dunha gran senda pola igualdade. O Concello agradeceu a implicación das persoas participantes e, tamén, a colaboración de Cruz Vermella de Noia. A andaina foi un percorrido dende o monte Enxa ata Portosín, cun itinerario de 14 quilómetros e de dificultade baixa.

Actividades durante case todo o mes

As actividades do Concello de Porto do Son para celebrar este 8M, Día Internacional da Muller, deron comezo o pasado 7 de marzo cunhas Xornadas Gratuítas de Ioga e proseguiron cos actos institucionais do sábado 8M, precisamente. Este 17 de marzo o Viveiro de Empresas acollerá, en horario de 16:00 a 20:00 h, un curso de estilos de vida saudábeis e mindfulness. Esta actividade está financiada polo SERGAS a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

O venres desta mesma semana, o 21 de marzo, o Viveiro de Empresas volverá a acoller outro curso, este destinado ao autocoidado emocional das mulleres. Esta formación realizarase en horario de 16:00 a 20:00 h e conta co financiamento do SERGAS a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. As inscricións están abertas para toda a veciñanza e realizaranse enviando unha solicitude ao enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal.

Ademais, desde o mes de marzo e ata xuño están programados diversos obradoiros de benestar psicolóxico no viveiro de empresas. Esta actividade, financiada a través do Pacto de Estado, está aberta a toda a veciñanza e poderán inscribirse na área de Benestar Social ou a través do enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal.

Desde o Goberno animan a toda a veciñanza a participar neste completo programa do 8M, co obxectivo de expoñer as reivindicacións en materia de igualdade que teñen lugar polo Día Internacional da Muller.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.