Pepo Suevos, Arantxa Treus, Oswaldo Digón e Evaristo Calvo encherán de humor a Casa da Cultura de Porto do Son no II Ciclo de Monólogos

26 Marzo 2025

A axenda cultural do Barbanza para o mes de abril será unha axenda potente. Entre as citas máis destacadas salientan as do II Ciclo de Monólogos de Porto do Son. Organizado polo Concello de Porto do Son, a través da Área de Cultura, o ciclo traerá á vila algúns dos principais humoristas do panorama galego actual e actuacións todos os sábados do mes de abril, a partir das 21:00 h na Casa da Cultura de Porto do Son.

Comezará o 5 de abril con Pepo Suevos, con Á Caída 2025 (a resposta contundente de Pepo Suevos á cuestión de se a comedia está en crise, reivindicando a importancia da risa para enfrontarse á realidade adversa que nos tocou vivir) e proseguirá o día 12 de abril con Arantxa Treus e Sexo débil, o carallo (un show de comedia no que se abordan cuestións como a sexualidade feminina, as relacións de parella, ou as esixencias estéticas que sofren as mulleres).

O día 19 toma a palabra Oswaldo Digón con Outra Movida (texto no que Oswaldo fala da sensación que temos desde que pasamos a pandemia e con isto que se denomina nova normalidade) e o día 26 Evaristo Calvo porá o broche de ouro ao ciclo con A ver que pasa (espectáculo centrado nas fobias e filias do autor, membro de Mofa & Befa, e na súa descarada indiferenza polos asuntos importantes, acompañándose tanto da súa non obra poética coma pola non obra narrativa).

A programación é a seguinte:

-5 de abril | 21:00 h | Pepo Suevos con Á Caída 2025

–12 de abril | 21:00 h | Arantxa Treus con Sexo débil… o carallo

-19 de abril | 21:00 h | Oswaldo Digón con Outra Movida

-26 de abril | 21:00 h | Evaristo Calvo con A Ver Que Pasa

As entradas, que terán un custe de 6 euros, estarán á venda desde mañá, martes 18 de marzo en: 

Casa do Concello de Porto do Son (alcaldía) >> L/V · 8:30h a 15:00h

Casa da Cultura de Porto do Son >> L/V · 8:00h a 15:00h

Casa da Cultura de Miñortos >> L/V · 17:30h a 20:30h

Casa da Cultura de Portosín >> L/V · 8:00h a 13:00h + 17:00h a 19:30h

Casa da Cultura de San Pedro >> L/V · 16:00h a 20:00h

Ademais, haberá un bono pola compra das catro actuacións que terá un custo de 20 euros. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.