“Paula Alvarellos” – Xulio Xiz

07 Marzo 2025

Só falei un par de veces con Paula Alvarellos. Foi agradable; caíame ben. Era a Alcaldesa de Lugo. E aparte das trifulcas que a diario ocupan aos loitadores da política, parecíame unha boa rapaza, da que ademais tiña boas referencias persoais. E cantos máis anos vou acumulando no carné de baile da vida menos comprendo que unha boa rapaza ou un bo rapaz desaparezan da noite para a mañá, porque o corazón se lle bota fora do peito. Non é xusto!, exclaman os nenos diante de algo manifestamente fóra da normalidade. A vida non pode rachar deste xeito as regras do xogo.

Que o Entroido de Lugo quedara conxelado e se suspendera toda a festa pola morte da que ía ser a súa primeira e entusiasta espectadora, considero que é a mellor homenaxe – a única decisión posible – á muller sinxela que levou con especial discreción o difícil papel de ser alcaldesa de Lugo nun municipal xogo de tronos nesta cidade onde case todos presumimos de entender de todo moito máis ca os que nos gobernan.

Na vida puido pensar Rubén Arroxo ser alcalde da cidade porque o escalafón se movese deste xeito dramático, e – porque me cae ben – non lle arrendo a ganancia de ter que facer de tripas corazón para ocupar a honrosa cadeira que simboliza o temón que goberna esta urbe bimilenaria que nos soporta e da que todos somos responsables.

Non teño memoria de que Lugo perdese a súa primeira autoridade nun acto de servizo – festivo acto de servizo – e por iso impactou de xeito moi especial en todos os lucenses. A cidade perde a súa alcaldesa, dóese, e súmase – sumámonos todos – á dor da súa familia, que perde moito máis ca todos nós xuntos.

Outros artigos

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

+

“Benvidos campións” – Antón Luaces

Chegaron ao aeroporto Adolfo Suárez de Madrid-Barajas. Era primeira hora da tarde do luns. Visitaron aos Reis de España no palacio da Zarzuela e  ao presidente do Goberno na Moncloa. A continuación, nun autobús descuberto, fixeron unha ruada por Madrid que rematou en...

+

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

“O pano negro” – Lois Alcayde Dans

“O pano negro” – Lois Alcayde Dans

Supoño que, como lle ocorre a moita xente, cando abro o meu álbum familiar máis vello, as fotos en branco e negro teñen de paisaxe tanto o campo como a cidade. Ambos aparecen coa normalidade do mesmo paso do tempo. Nas imaxes, o escenario de fondo faise difícil de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.