Padrón exalta a lamprea cunha nova edición das súa xornadas gastronómicas

10 Marzo 2025

Padrón acolle a undécima edición das Xornadas Gastronómicas da Lamprea que se desenvolverán os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de marzo. Durante este período, prevese unha programación que combinará divulgación, natureza e gastronomía en torno a este prezado produto.

Os establecementos colaboradores ofrecerán menús especiais elaborados para a ocasión. Nesta edición, está prevista a participación dos restaurantes Casa Farrucán, Restaurante O Secreto, O Santiaguiño e Chef Rivera.

Dende o Concello informaron que ademais da oferta gastronómica, o programa incluirá diversas actividades dirixidas a diferentes públicos. Así, o venres 21 de marzo, ás 20:00 horas, o Restaurante Chef Rivera acollerá a charla Cultura científica con Juan Pérez Fernández, investigador de neurociencia da Universidade de Vigo. A sesión incluirá un coloquio informal de divulgación científica no que se abordará a importancia da lamprea como organismo ancestral, as súa peculiaridades biolóxicas e a súa relevancia no ámbito da investigación científica. A actividade está orientada a un público adulto.

O sábado 22 de marzo, a partir das 11:30 horas, levarase a cabo a iniciativa Lamprea a pé de río, unha visita didáctica que permitirá coñecer de preto a bioloxía desta especie, a súa importancia histórica e o seu ecosistema. A iniciativa busca fomentar a conexión co medio rural e poñer en valor este recurso gastronómico e cultural de Padrón. A proposta está dirixida a un público familiar.

O sábado 29 de marzo, ás 11:00 horas, será a quenda da Experiencia inmersiva en Bandín, Carcacía, que combinará contacto coa natureza e expresión artística. Trátase dunha proposta destinada ao público familiar que inclúe un paseo na compaña dun membro da Asociación Cultural Nosa Sra. da Mercé de Bandín que contará historias sobre o lugar e a lamprea do Ulla, así como a creación de figuras con arxila e auga da fonte Santa. A experiencia estará acompañada con música e sons acordes á actividade e ao lugar.

As prazas para estas actividades son limitadas, polo que será necesaria inscrición previa a partir do martes 11 de marzo a través da web de Padrón Turismo.

O Concello lembra que “as Xornadas Gastronómicas son un evento de referencia na exaltación deste produto tradicional”. Ademais da gastronomía, “ofrecen un compendio de propostas culturais, divulgativas e de lecer que atraen visitantes de todas as idades, contribuíndo a fortalecer a imaxe de Padrón como destino destacado para a degustación desta especialidade culinaria”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.