Os Reventapistóns presentan a “VII Kedada Moteira” en Ribeira

04 Marzo 2025

Esta mañá presentouse a “VII Kedada Moteira”, que se celebrará o vindeiro sábado 22 de marzo durante toda a xornada na Praza de España, converténdose no epicentro dun variado programa de actividades organizadas polo club Os Reventapistóns.

No acto de presentación estiveron presentes o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o vogal da asociación, Andrés González, ademais doutros representantes da entidade.

Suárez-Puerta manifestou a súa satisfacción pola colaboración do Concello con Os Reventapistóns, destacando a importancia deste evento que dinamiza a cidade e reforza a súa posición dentro do calendario moteiro. “Este encontro enche Ribeira cunha actividade diferente e contribúte a posicionar a nosa marca”, sinalou o concelleiro.

Pola súa banda, Andrés González destacou a dedicación do club para mellorar o evento cada ano, cun obxectivo claro: dar a coñecer Ribeira e a súa contorna. A programación desta edición inclúe actividades como a degustación gratuíta de callos, unha zona “Food Truck”, chocolatada, a plataforma de caballitos dos Reventapistóns, o xogo moteiro “A roda moscovita”, música con DJ, o concurso “Reventa Trompeta”, a carreira de lentos, a proba da salchicha colgante e unha proba de ruído, entre outras sorpresas. Ademais, a tradicional “Ruta Moto-Turística”, que comezará ás 17:20 horas, permitirá aos participantes gozar das fermosas paisaxes do municipio guiados por Silvia de Reventapistóns.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, subliñou a importancia de que a cidade siga sendo sede deste evento, comprometéndose a manter a colaboración municipal para consolidar Ribeira como un referente no mundo do motociclismo. Ademais, destacou o impacto positivo da quedada na economía local, especialmente no comercio e na hostalería.

O rexedor engadiu que esta concentración non só é un encontro moteiro, senón tamén unha oportunidade para descubrir Ribeira dunha maneira distinta e promover o turismo de forma innovadora a través da Ruta Moto-Turística. Finalmente, agradeceu a implicación dos establecementos locais no evento, resaltando o beneficio que supón para a economía da zona.

Con esta nova edición, Os Reventapistóns consolidan a “Kedada Moteira” como unha cita indispensable para os afeccionados ás motos e un evento clave para a dinamización de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.