O programa de mobilidade do CDG achega 18 prazas a Porto do Son para a función “A burra, a mesa e o pau” en Santiago o 22 de marzo

21 Marzo 2025

Porto do Son é un dos concellos da nosa comarca que vai participar na iniciativa Sobes ao autobús do teatro?, iniciativa de mobilidade impulsada polo Centro Dramático Galego (CDG) para facilitar a presenza de público de fóra de Santiago nas representacións da agrupación no Salón Teatro de Compostela. Desta volta, está programada unha saída dende Porto do Son para asistir á función A burra, a mesa e o pau, será o 22 de marzo ás 18.00 horas. O CDG achega 18 prazas para a veciñanza do concello. A saída será dende a parada de bus de Porto do Son será ás 15:00 horas (o regreso agárdase para as 20:00 horas). As entradas achéganse a un prezo especial de 5 euros. As inscricións presenciais poden facerse na Casa da Cultura de Porto do Son (8:30h a 15:00h) ata o 19 de marzo. Quen precise máis información sobre esta saída teatral pode solicitala no teléfono 981 76 77 58.

O Centro Dramático Galego ofrecerá até o 20 de abril, no Salón Teatro de Santiago, cinco funcións de A burra, a mesa e o pau. A montaxe, con dirección e dramaturxia de Lorena Conde, conta cun elenco de 15 actores e actrices que integran Xúlio Abonjo, Maika Aguado, Beatriz Barcia, Xosé Manuel Esperante, Andrés Giráldez, Alixa Ladson, Roberto Leal, Mario López, Pablo Loureiro, Carla Mojón, Grial Montes, Paloma Otero, Paulo Serantes, Nelu Vermouth e Arantza Villar para dar vida a unha proposta escénica ideada como unha fábula arredor dunha familia obreira galega desexosa de atopar solucións máxicas para saír da súa precariedade.

A burra, a mesa e o pau dispón de interpretación a lingua de signos, subtítulos para os dispositivos móbiles, programa de lectura fácil e, nas sesións descontraídas dos mércores, o acondicionamento especial da sala. Con esta función consolidouse a campaña de mobilidade Sobes ao autobús do teatro?, que facilita servizo gratuíto de autocares para ver o espectáculo e á que xa se sumaron 65 concellos das catro provincias, incluído o do Son.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.