O PP de Ribeira reclama melloras na Casa da Cultura de Olveira

21 Marzo 2025

O Partido Popular de Ribeira, a través da concelleira Carmen Pérez Gómez, presentou unha moción para ser debatida en pleno relativa á instalación de saneamento e melloras na contorna da Casa da Cultura de Olveira. Segundo explica, trátase dunha instalación que pertence á Comunidade de Montes de Olveira, e polo tanto a todos os comuneiros e familias da parroquia, un inmóbel que leva anos acollendo cantidade de actividades e entre elas, de maneira permanente. Lembra ademais que o Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme realiza os seus ensaios na Casa da Cultura da parroquia “cunha gran afluencia de alumnos e alumnas” e que, de maneira semanal, “tamén se levan a cabo outras actividades como costura ou clases de distintos tipos de actividade física, ademais de accións culturais e de dinamización social do Concello de Ribeira, como poden ser as relacionadas coas clases de memoria, ou as impartidas para a mellora no uso de dispositivos móbiles, e as contribucións formativas da Comunidade de Montes”. Amais de todo isto, recordan que dende hai uns meses ten a súa sede na Casa de Cultura de Olveira o establecemento A Reviravolta, “un local que conseguiu a través do seu bo facer atraer a unha cantidade moi importante de xente, tanto da parroquia como foránea”.

Malia toda esta importante actividades social e cultural e a pesar dos grandes esforzos de mantemento e conservación da Comunidade de Montes, o aumento de visitantes pon de manifesto “a necesidade de acometer con varias frontes de traballo o bo funcionamento do inmóbel”. O PP explica que a Casa de Cultura non conta con rede de saneamento polo que a fosa séptica “da que dispón non é suficiente”. Este problema, din, “recae en todos os implicados, e finalmente afecta a toda a parroquia, polo que consideramos que, xa que as instalacións acollen actividades varias, prestando servizo a toda a veciñanza e tamén ao propio concello para levalas a cabo, pero non supón, ao non ser unha instalación municipal, un custo o seu mantemento, que se podería crear unha partida orzamentaria para levar a cabo a obra de acondicionado en tema de saneamento que precisa o centro”.

Ademais diso, o bar da Casa de Cultura sufriu dous roubos consecutivos nos últimos días, e tratándose dunha instalación que se atopa un pouco illada do grupo poboacional, “Consideramos a ben solicitar un reforzo na vixilancia policial, para que se poida seguir coidando tanto das instalacións como do traballo persoal que tanto negocios como asociacións desempeñan con compromiso para colleitar tanto éxito da parroquia”, sinala a agrupación.

Propostas

A creación dunha partida orzamentaria para a instalación do saneamento na Casa de Cultura de Olveira.

Que se solicite ás autoridades competentes un reforzo na vixilancia e na seguridade do centro social .

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.