O Lustres Rivas presenta as actividades dun abril marcado pola figura de Isaac Díaz Pardo

31 Marzo 2025

O Concello de Ribeira presentou as actividades culturais previstas para este mes de abril dende o Centro Lustres Rivas. As encargadas de dar a coñecer a axenda foron a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, e a concelleira de Cultura, Antía Alberte, ademais da representante de Barbantia, Encarna Pego.

O mes de abril comeza coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo.

“En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual, artista e empresario Díaz Pardo” sinalou Rivadulla, engadindo que “comezamos esta sentida homenaxe o sábado 5 de abril cun obradoiro para nenos e nenas no que acompañados das súas familias coñecerán a vida e obra de Isaac, e participarán no Laboratorio de Formas na súa honra pintando cerámica da man de Electra Menéndez”. Sinalou que é necesario reservar praza poñéndose en contacto con Normalización Lingüística de Ribeira no correo, normalizacion@ribeira.gal.

A edil tamén anunciou que o seguinte sábado, 12 de abril, tamén ás 12.00 h, celebraranse os contos de sempre para nenos e nenas, o mes dos libros, da man de Raquel Queizás coa súa obra Travesías.

Tamén haberá unha proposta moi acaída da man da especialista en Historia da Arte e activista Cultural, Rosario Sarmiento, quen impartirá unha conferencia o día 24 ás 20.00 h co título Isaac Díaz Pardo. O pintor que non quixo ser artista.

Rematará o mes con outra proposta para público infantil, nesta ocasión facendo fincapé na importancia da transmisión da lingua galega con Vero Rilo e Luís Iglesias, que contarán e cantarán fermosos cantares en Pelica de burra. Esta proposta da Rede de Dinamización Lingüística pecha a programación do mes no Centro Cultural Lustres Rivas.

Por outra banda a concelleira de Cultura anunciou a presentación literaria de Jarroa de Andrea Fernández Plata o mesmo Día do Libro (23 abril), ás 20:00 h; a entrada será libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Para finalizar a representante da Asociación Cultural Barbantia, Encarna Pego, anunciou a presentación literaria de Paspartue do escritor Alex Pernas o 25 de abril ás 20:00 h no propio C.C. Lustres Rivas e a entrada será de balde ata completar a capacidade da sala.

Abril 2025

Centro Cultural Lustres Rivas

Obradoiro: Pequeno Laboratorio de Formas. Electra Menéndez

Obradoiro de pintura sobre cerámica para nenos e nenas a partir de 3 anos coas súas familias. Data: 05/04/2025

Hora: 12.00 h

Prazas limitadas. Inscrición: normalizacion@ribeira.gal

Contacontos: Travesías. Raquel Queizás. Ler Conta Moito

Contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos coas súas familias

Data: 14/04/2025

Hora: 12.00 h

Inscrición: normalizacion@ribeira.gal

Presentación literaria: Jarroa. Andrea Fernández Plata

Data: 23/04/2025

Hora: 20.00 h

Entrada libre a gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Conferencia: Isaac Díaz Pardo, o pintor que non quixo ser artista

Rosario Sarmiento

Data: 24/04/2025

Hora: 20.00 h

Entrada libre a gratuíta ata completar a capacidade da sala

Presentación literaria: Paspartue. Alex Pernas

Asociación Cultural Barbantia

Data: 25/04/2025

Hora: 20.00 h

Entrada libre a gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Pelica de burra. Vero Rilo e Luís Iglesias

FalaRedes 2025. Rede de Dinamización Lingüística

Contacontos musical para nenos e nenas a partir de 3 anos coas súas familias

Data: 26/04/2025

Hora: 12.00 h

Inscrición: normalizacion@ribeira.gal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.