“O espazo público como motor de vida: Porto do Son como referente” – Carlos Moledo

07 Marzo 2025

A transformación urbana é moito máis que un cambio estético ou o froito dunha cuestión conxuntural. Trátase de devolverlle á cidadanía espazos que, durante décadas, foron pensados case exclusivamente para a circulación e estacionamento de vehículos. Neste contexto, o proxecto da fachada marítima de Porto do Son representa un modelo a seguir para aqueles municipios que buscan con gurar un urbanismo máis humano, accesible e promotor de dinamismo económico e social.

A aposta do alcalde Luis Oujo pola ambiciosa remodelación da fachada marítima de Porto do Son, non foi unha simple obra de mellora, senón que, ademais de manifestar un claro proxecto de municipio para o futuro, supón un auténtico desafío na forma de organizar e entender o espazo público. A intervención conseguiu integrar a zona portuaria na vida cotiá da vila sonense, substituíndo o antigo vial que cortaba a comunicación entre o mar e o centro urbano por un paseo marítimo aberto á veciñanza.

O recoñecemento europeo que vén de recibir fai un par de meses esta importante obra -xunto co resto de distincións xa concedidas-, volve a confirmar que o camiño emprendido por Porto do Son é o correcto. Non só se gañou un espazo de calidade para a veciñanza, senón que se creou un punto de encontro onde a actividade social e económica crece. Porque cando unha vila se humaniza, a xente volve aos espazos públicos, e con ela, volve tamén a actividade comercial.

Noia, municipio veciño -e con diversas similitudes estruturais a Porto do Son-, tamén acometeu no seu día varias melloras do seu espazo público. Aquí debemos sinalar o plantexado na rúa do Curro -para gustos colores- e sobre todo, a rehabilitación portuaria coa actuación de “As Portas do Mar”, no Malecón de Gasset. Unha obra meritoria que recibiu o recoñecemento do Colexio de Arquitectos de Galicia, pero que debería servir de punto de partida para seguir avanzando nesta materia tan importante para a correcta articulación dos pobos e vilas que, como O Son e Noia, teñen motivos dabondo para tirar por este camiño. E aquí é onde Noia debería tomar boa nota do que se fixo en Porto do Son.

A clave non está só en intervir, senón en facelo con visión de futuro, pensando na recuperación do espazo urbano como elemento dinamizador do municipio. A comarca do Barbanza ten a sorte de contar entre os seus veciños cun referente de talla mundial neste eido como é a do arquitecto David Chipperfield, quen a través da Fundación RIA traballa por un urbanismo máis respectuoso, integrado no contorno e ao servizo da cidadanía. O seu compromiso reflíctese en diversos proxectos, como podería ser a humanización da travesía de Palmeira en Ribeira, obra promovida polo anterior goberno municipal popular.

É hora de que as administracións locais comprendan que apostar por espazos urbanos máis humanos non é unha cuestión secundaria nin menor, ou que só se poda atribuír a certas formacións políticas, senón unha estratexia fundamental para o futuro das nosas vilas. Porto do Son demostrou que é posible transformar a relación coa contorna e, no proceso, revitalizar a vida social e económica do municipio. Oxalá outros concellos tomen nota.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.