O Escuadrón de Vixilancia Aérea núm. 10 celebra o seu 40º Aniversario cunha xura de bandeira en Noia

31 Marzo 2025

Con motivo do 40º Aniversario da súa creación, o Escuadrón de Vixilancia Aérea núm. 10 organizou unha xura de bandeira de persoal civil na Vila de Noia, localidade á que está adscrito. Durante este solemne acto, 115 persoas realizaron o xuramento ou promesa #ante a bandeira, reafirmando o seu compromiso cos valores compartidos da nosa patria.

O evento estivo presidido polo Excmo. Sr. Xeral Xefe do Sistema de Vixilancia e Control Aéreo, D. Eliseo Pérez Gómez, acompañado polo Alcalde de Noia, D. Santiago Freire Abeijón. O Comandante Xefe do EVA-10 tivo ao seu cargo a tarefa de tomar xuramento aos participantes. A continuación, entoouse o himno do Exército do Aire e do Espazo, seguido da homenaxe aos caídos por España, momento no que o Excmo. Sr. GJSVICA e o Alcalde depositaron unha coroa no monólito conmemorativo.

O acto contou coa asistencia de diversas autoridades civís, militares e representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, quen non quixeron perderse esta especial celebración.

Con este evento, unha vez máis puxeronse de manifesto os estreitos lazos que unen á sociedade española coas súas Forzas Armadas, así como o vínculo profundo e duradeiro entre o E.V.A. núm. 10 e a Vila de Noia, tras 40 anos de andaina conxunta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.