O Convento do Carme de Padrón acolle a IX Exposición da Camelia e do Bonsái os días 29 e 30 de marzo

12 Marzo 2025

O Concello de Padrón organiza a IX Exposición da Camelia e do Bonsái que terá lugar os días 29 e 30 de marzo no Convento do Carme. O evento, de entrada libre e gratuíta, reunirá expositores, afeccionados e expertos no cultivo destas especies, ademais de ofrecer unha ampla programación de actividades divulgativas.

A mostra, que chega a súa novena edición, abrirá as súas portas o sábado ás 9.30 horas, momento no que os participantes colocarán as flores de camelia. A inauguración oficial está prevista para as 13.00 horas, cun acto no que se entregarán agasallos ás persoas que expoñen e se celebrará un acto de irmandade coa Exposición da Camelia do Concello de Vedra.

Durante a tarde, desenvolveranse diferentes obradoiros e demostracións. Ás 16.30 horas está previsto un obradoiro de elaboración de sombreiros sancosmeiro, impartido pola Asociación A Pórtela Vella. Ás 18.00 horas está prevista a entrega de premios do Concurso da Camelia de Padrón Unhas gañan e outros non, e media hora despois, unha demostración de arte floral con camelias a cargo de Floraría Chorima. O horario de peche da exposición será ás 20.00 horas.

A programación continuará o domingo, con apertura ao público a partir das 10.00 horas. Entre as actividades previstas, inclúese un obradoiro de cerámica para nenos, nenas e persoas adultas, impartido por Ángeles Garrido e Ana González ás 11.00 horas. Ás 12.30 horas celebrarase unha visita guiada para coñecer as variedades e o cultivo das camelias e dos bonsáis da exposición, a cargo de José Freire.

Xa pola tarde, ás 16.30 horas, Alfonso Touceda impartirá un obradoiro de poda e coidado de froiteiras. A exposición pechará ás 19.00 horas.

A organización do evento establecerá diferentes recoñecementos para os participantes. Entre os galardóns destacan o premio Camelia do Sar, escollido polo público para a flor máis bonita ou novidosa, así como os premios especiais Amigos da Camelia de Padrón recoñecerán os mellores lotes de flores en distintas categorías (reticulata, xapónica, híbrida
e doutras especies). Amais, entregaras o premio Orixe Galega á mellor flor individual de orixe galega, seleccionada polo xurado.

Alén das actividades programadas, os asistentes poderán visitar exposicións permanentes durante toda a fin de semana. Entre elas, haberá unha mostra de esculturas a cargo de Ángeles Garrido e Ana González, así como a tradicional exposición de pintura realizada polo alumnado de Ategal Padrón.

As persoas interesadas en participar como expositores poderán inscribirse ata o luns 18 de marzo a través do teléfono 686 445 520. O evento está aberto ao público e busca consolidarse como un punto de encontro para os amantes das camelias e dos bonsáis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.