O Concello de Padrón retirará as distincións honoríficas a Francisco Franco

20 Marzo 2025

O Pleno do Concello de Padrón debaterá na súa sesión ordinaria do 27 de marzo a proposta para a retirada das honras e distincións concedidas ao ditador Francisco Franco. Esta medida enmárcase no cumprimento da Lei 20/2022 de Memoria Democrática.

A iniciativa xorde despois da confirmación dun feito histórico: en 1945, o Concello de Padrón outorgou a Franco tres recoñecementos honoríficos con motivo da súa visita á vila para a Exposición Agrícola do Día de Galicia. O ditador foi nomeado fillo adoptivo de Padrón, Alcalde honorario e receptor da Medalla de Ouro do Concello, segundo consta na acta da sesión do 7 de agosto dese ano.

Día da Memoria Democrática 2024 en Padrón

En aplicación da Lei de Memoria Democrática, o goberno municipal propoñerá a retirada inmediata destas distincións e a solicitude formal aos seus herdeiros e herdeiras para a devolución da Medalla de Ouro. Ademais, incluirase no pleno unha declaración institucional de rexeitamento ao réxime franquista e ás súa prácticas antidemocráticas, que durante a ditadura causaron represión e discriminación a unha grande parte da sociedade.

Como parte deste compromiso, o Concello de Padrón iniciará un proceso progresivo de retirada de símbolos franquistas que aínda permanecen en diferentes puntos do municipio.

Un Acto de Xustiza e Reparación

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, destacou que esta acción forma parte dun esforzo máis amplo para garantir a xustiza e a reparación das vítimas da ditadura. “Cincuenta anos despois do falecemento do ditador, en pleno ano Castelao, Padrón retira toda honra a Franco. Uns recoñecementos que nunca mereceu e que pesaban sobre a memoria das súa vítimas. Sen dúda, é un acto de xustiza e reparación necesario”, afirmou.

Esta decisión reforza o compromiso do Concello cos valores democráticos e co rexeitamento a calquera forma de totalitarismo, reafirmando a defensa dos dereitos e liberdades garantidos pola Constitución de 1978.

Día da Memoria Democrática Padronesa

A medida tén lugar pouco antes da celebración do segundo Día da Memoria Democrática Padronesa, o próximo 14 de abril. Este evento supón un paso máis na reparación e recoñecemento ás vítimas do franquismo, fortalecendo o compromiso do goberno local coa defensa da democracia e dos dereitos fundamentais da cidadanía.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...