O Concello de Padrón renova a pista e mellora a eficiencia enerxética do Pavillón do Souto

11 Marzo 2025

O Concello de Padrón vén de completar unha serie de melloras no Pavillón do Souto para garantir, en palabras do Concello, “unhas instalacións deportivas modernas, eficientes e adaptadas ás necesidades da veciñanza”. Esta actuación responde á aposta do Goberno municipal por “modernizar e mellorar a calidade das infraestruturas municipais, que se atopaban nun evidente estado de deterioro por unha falta de mantemento continuado”.
A intervención realizouse en dous grandes bloques. Por unha parte, acometeuse a mellora da pista deportiva, cun investimento total de 60.500 euros, dos que 50.000 euros foron financiados a través da subvención DE401C da Xunta de Galicia, destinada aos concello galegos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariábel.

O Pavillón do Souto despois dos traballos desenvolvidos

Por outra banda, realizáronse diversas melloras destinadas á eficiencia enerxética do Pavillón, co obxectivo de reducir o consumo e mellorar as condicións de confort. Entre as actuacións desenvolvidas, destaca o cambio da iluminación convencional por tecnoloxía LED, a substitución da antiga caldeira de gasóleo por bombas de calor e o illamento da cuberta, permitindo así a práctica do deporte nun entorno máis cálido e eficiente. Estas melloras contaron cun investimento de 78.650 euros, dos cales 60.000 euros foron subvencionados a través do programa PR486B da Xunta de Galicia, dirixido a concellos de menos de 15.000 habitantes dentro do Fondo de Cooperación Local.

O interior do Pavillón antes das obras realizadas

O concelleiro de Deportes, Luis Mariño, manifestou a súa satisfacción polo resultado destas actuacións e destacou que estas melloras eran imprescindíbeis dada a antigüidade do inmóbel e o seu estado de deterioro. “Falamos dunha infraestrutura deportiva clave no noso municipio, con alta afluencia de usuarios e usuarias, polo que era prioritario intervir para garantir a súa funcionalidade e seguridade”, subliñou, engadindo que “o compromiso do Concello é seguir traballando na modernización das infraestruturas deportivas, adaptándonos ás novas esixencias de sustentabilidade e eficiencia enerxética, sempre dentro das posibilidades de financiamento dispoñíbeis”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

Cierto día un residente y yo nos trasladamos a la capital del imperio, es decir Madrid. Un placentero viaje en tren Al acercarnos a Castilla un hermoso manto de oro embellecía el paisaje, es decir campos de trigo, que tocaban el cielo, hermoso paisaje. Mas allá, me...

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

Hasta Cartagena de Indias llegaremos para “entregar ciertos mensajes, disolver ciertas frágiles certezas y dejarnos en el desamparo de inconfesables perplejidades”. Ojalá nuestras palabras, los abrazos en el reencuentro fraternal nos permitan, como la insistente...