O Concello de Padrón nomea a antiga área recreativa da confluencia do Sar e o Ulla como Paseo da Constitución

04 Marzo 2025

O Concello de Padrón anunciou a modificación da denominación da ata agora coñecida como Área Recreativa da Confluencia dos ríos Sar e Ulla, que pasará a chamarse Paseo da Constitución. Segundo o decreto asinado polo alcalde, Anxo Arca, esta decisión “busca poñer en valor o legado da Carta Magna de 1978 e transmitir ás futuras xeracións a importancia de defender os valores democráticos e de convivencia que esta representa”.

O rexedor engadiu que o Paseo da Constitución “converterase nun espazo de reflexión sobre a historia democrática recente e a importancia do diálogo e o consenso como elementos clave da convivencia”. Neste lugar, ondeará desde este momento a bandeira constitucional xunto a un libro pétreo co preámbulo da Carta Magna gravado, onde se recollen principios fundamentais como a convivencia democrática, a protección dos dereitos humanos e a promoción dunha sociedade máis xusta e inclusiva.

Tal e como recolle o decreto, “a Constitución Española de 1978 supuxo un avance determinante na configuración do noso Estado tal e como hoxe o coñecemos”. O documento lembra que a aprobación deste texto legal consolidou os principios da soberanía nacional, o respecto aos dereitos e liberdades individuais, a igualdade ante a lei e o recoñecemento da diversidade cultural e territorial de España.

A nova denominación do paseo reflicte “o compromiso do Concello de Padrón cos valores democráticos e coas institucións que fixeron posíbel o progreso do país”, engadiu o rexedor, engadindo que o cambio de nome afecta ao tramo comprendido entre a última ponte sobre o río Sar ata a intersección coa vía de Paraíso, A Ponte, seguindo a beira do litoral. Parte deste espazo foi acondicionado no marco do Proxecto de recuperación da servidume de tránsito no T.M de Padrón da Demarcación de Costas en Galicia.

Esta homenaxe á Constitución de 1978 representa unha aposta polos principios democráticos e pola convivencia. “Todas e todos debemos manter a firme crenza de que esta homenaxe contribuirá a fortalecer o sentimento de unidade e orgullo de pertenza a unha sociedade cada día máis inclusiva, solidaria, igualitaria, culta, xusta e feliz”, sublíñase no decreto asinado polo alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.