O Concello de Noia confirma que a Piscina volverá abrir as súas portas este martes 1 de abril no seu horario habitual

31 Marzo 2025

Logo de dous meses de obras e melloras tras o impacto da borrasca Herminia, o Concello de Noia confirmou finalmente que a Piscina Municipal, afectada polo paso da dita galerna que azoutou a nosa comarca e a boa parte de Galicia o pasado 26 de xaneiro (con refachos de máis de 120 quilómetros por hora, causando numerosas incidencias nunha chea de concellos), abrirá as súas portas este martes 1 de abril no seu horario habitual.

No caso da Piscina Municipal de Noia, Herminia levou por diante a cuberta e as placas solares. Ao desprenderse a cuberta da estrutura que a suxeitaba os operarios municipais puxéronse mans á obra para apañar todo o material que puidera poñer en risco á veciñanza. Non houbo que lamentar danos persoais.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.