O Concello de Lousame adianta a este venres 7 os actos do Día da Muller cunha actividade para o alumnado do CPI Cernadas de Castro

06 Marzo 2025

Un total de oitenta alumnos e alumnas da ESO do CPI Cernadas de Castro de Lousame asistirá a unha actividade programada polo Concello de Lousame para conmemorar o Día Internacional da Muller (8M), un acto que se adiantará a mañá venres 7 de marzo, ás 11:15 horas, na Casa da Cultura lousamiá.

A conselleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, dará a benvida á rapazada e procederá á lectura do manifesto institucional polo 8 de Marzo. Acto seguido terá lugar a proxección da película Matria, película galega de 2023 dirixida por Álvaro Gago e que recolle a vida de mulleres fortes e traballadoras.

Unha iniciativa organizada polo Concello de Lousame, en colaboración co CPI Cernadas de Castro e o Ministerio de Igualdade, a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.