O Concello de Boiro saca a licitación o proxecto de conversión a herba artificial do Campo da Mina de Lampón

21 Marzo 2025

O Concello de Boiro sacou a licitación o proxecto para conversión a céspede artificial do Campo da Mina, en Lampón. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, visitaron este venres 21 de marzo as instalacións con Manuel Ángel Dominguez, presidente, e Pablo Romero, membro da directiva do Sporting de Lampón para ver máis polo miúdo o proxecto.

Lembraron que o obxectivo desta actuación é “transformar o actual terreo formado de árido e con desniveis importantes nun campo de fútbol de céspede artificial dunhas dimensións exteriores de 100×56 metros”. Engadiu o concelleiro de Deportes que “con este contaríamos xa no municipio catro campos de herba artificial e un de herba natural e teríamos así cubertas as necesidades dos clubs do municipio”, afirmou o concelleiro de Deportes.

Para levar a cabo a actuación realizarase a retirada do material deportivo existente para a demolición do muro, escavacións e movementos de terra para executar un canal de formigón que recolla as augas da choiva, así como a instalación de colectores de saneamento e unha rede de drenaxe. Unha vez rematado o sistema de drenaxe, instalarase unha rede de rego e o acabado con herba artificial.

Ademais do propio terreo de xogo, instalaranse parabalóns e as varandas laterais, así como a mellora dos accesos ao terreo de xogo. “Trátase dunha renovación integral do terreo de xogo e o peche perimetral dun campo histórico como é este e que poderá aumentar a súa actividade deportiva acollendo tamén encontros e adestramentos de categorías inferiores”, recoñeceu o alcalde.

Por parte do Club agradeceron a implicación das distintas administracións que contribúen á renovación integral deste campo: “Un investimento moi necesario debido ao estado no que se atopa o campo e tamén un impulso para un club como é o Sporting de Lampón que ten xa 52 anos de historia”.

O orzamento total do proxecto ascende aos 673.325,59 euros e para levalo a cabo o Concello de Boiro conta co financiamento da Deputación da Coruña mediante o POS+ adicional. O proxecto atopase en fase de licitación, polo que as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas mediante a Plataforma de Contratación do Sector Público ata o 9 de abril.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.