O Concello de Boiro recibe da Deputación unha subvención para financiar os gastos do persoal da Oficinas de Turismo

25 Marzo 2025

O Concello de Boiro recibiu da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 19.562,69 euros para financiar os gastos de persoal da Oficina de Turismo durante o ano 2025. O obxectivo desta axuda é “aumentar o persoal da oficina de turismo durante o verán co obxectivo de fortalecer e profesionalizar o sector turístico”, sinalou o Concello.

Como lembraremos, Boiro conta cunha Oficina de Turismo, situada no andar baixo da Casa Consistorial, aberta durante todo o ano e que recibe visitantes de xeito continuado, especialmente durante a época estival. Ademais da información concreta do municipio e a contorna, a Oficina de Turismo de Boiro serve como punto de información do Xeodestino Barbanza Arousa e a provincia da Coruña en xeral.

O persoal de Turismo encárgase de desenvolver as actividades que se realizan durante o verán, así como atender as instalacións turísticas e ofrecer información ás persoas visitantes. Ademais, realiza promoción do Camiño A Orixe a Santiago de Compostela con información e tamén actividades específicas para dalo a coñecer.

Boiro recibe uns 3.000 turistas no verán que se benefician dos servizos da Oficina de Turismo, así como arredor dunhas 15.000 persoas que, ao longo do ano, visitan a páxina web de turismo e se serven dos recursos que se prestan e se interesan polo destino.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...