O Club de Remo Cabo de Cruz celebra este sábado 22 a VIII Bandeira de Bateis Concello de Boiro

20 Marzo 2025

O Concello de Boiro colabora co Club de Remo Cabo da Cruz na celebración da VII Bandeira de Bateis Concello de Boiro, que está programada para este sábado 22 de marzo a partir das 10.30 horas. Debido á previsión meteorolóxica, celebrarase no Bodión. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na mañá deste 20 de marzo na presentación da proba xunto co presidente do Club de Remo, Luís Piñeiro.

Concorren nesta proba as tripulación das categorías alevín, infantil, cadete, xuvenil, sénior Sub23 e sénior absoluto, tanto masculinas como femininas. As primeiras saídas serán as femininas, comezando pola alevín ata a absoluta, e seguidamente sairán as masculinas. “As inscricións están abertas ata esta noite pero agardamos a participación de preto de 100 equipos”, afirmou o presidente do Club de Remo.

Os premios van consistir en medallas de ouro, prata e bronce para os tres equipos mellor clasificados en cada categoría; e dúas bandeiras para o club que sume máis puntos cos seus equipos nas categorías femininas e outra nas categorías masculinas.

“Agardamos que a regata se poida celebrar con normalidade a pesar das condicións meteorolóxicas. É unha proba moi bonita, na que participan as categorías base, por iso temos que garantir a máxima seguridade”, afirmou o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.