O BNG acusa ao Goberno local do PP de aumentar o gasto político en Outes

27 Marzo 2025

O BNG de Outes, a través do voceiro municipal, Anxo Núñez, emitiu un comunicado no que acusa ao novo Goberno local de PP, constituído tras moción de censura, “de aumentar o gasto político no Concello”.

Explican que o vindeiro martes 1 de abril debaterase en sesión extraordinaria a proposta de salarios e aumento do gasto político que propón o novo Goberno do PP co concelleiro tránsfuga do PSOE, incremento que denuncian os nacionalistas xa que constitúe, din, “unha manobra deste novo Executivo para aumentar o gasto político de xeito disimulado recuperando unhas comisións semellantes ás que noutros concellos o tribunal de contas declarou como irregulares“.

O BNG engade que “o novo alcalde gozará dunha adicación exclusiva pero compatibilizaraa co seu traballo previo coma autónomo, cousa que eles mesmos lle recriminaban ao anterior alcalde, algo que tamén pasará co concelleiro de Medio Ambiente e Brigada de Obras que terá unha adicación parcial do 90%”.

Para os nacionalistas o devandito “amosa unha clara hipocrisía e xogo sucio por parte do Partido Popular que nos últimos anos atacou ao goberno progresista de Outes cualificándoo coma o goberno máis caro da historia, cando son eles mesmos os que veñen a aumentar o gasto político”. Con esta manobra, din, “suman un engano máis á veciñanza metendo no seu goberno ao concelleiro tránsfuga con salario ao que o alcalde se referiu no pleno ordinario celebrado dous días despois da moción como que nunca dixeron que o ían meter no goberno negando a maior”.

E conclúen: “Dende o BNG queremos informar á veciñanza e denunciar a hipocrisía e enganos do Partido Popular. “Nós dende a oposición seremos a alternativa de goberno que Outes precisa e farémolo en positivo e de xeito construtivo”.

Cadro compartido do BNG onde se indicaría o bruto salarial e estimación de gasto en dietas de asistencia a concelleiros do novo goberno:


Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.