“Non existe unha idade máxima para conducir vehículos en España”. Antón Luaces

06 Marzo 2025

Dende vai algún tempo circula con forza o rumor de que os condutores que superamos  os 70 anos de idade veremos como a Direción Xeral de Tráfico (DXT) nos retira o permiso de conducir. E non vai ser así,,entre outras cousas, porque a retirada do carné depende única e exclusivamente das capacidades psicofísicas do condutor, non  da súa idade biolóxica.

É certo que co avellamento, a capacidade da perda para seguir a conducir ten cada vez maior relevo. Notámolo. Máis tamén é certo que os vehículos de hoxe en día dispoñen de máis axudas para conducir: dende aqueles tempos nos que había que mover o volante do coche “a base de pan de millo” (significando a forza a facer no caso dun vehículo parado) á aplicación da direción asistida foi todo un medio de seguridade de agradecer. Especialmente polas mulleres que, en moitos casos, apenas podían pór en marcha o coche pola resistencia das rodas tractoras ao xiro ou desprazamento.

Este é un dos motivos polos que a Direción Xeral de Tráfico desmentiu os rumores sobre a posible retirada do carné de conducir de xeito automático aos maiores de 65 anos, porque en España non  existe idade máxima para conducir. A retirada do carné depende tan só das citadas capacidades psicofísicas do condutor, nunca da súa idade biolóxica.

Engadir que as persoas maiores de 70 anos están exentas do pagamento da taxa de 24,58 euros por trámite de renovación do carné de conducir. Si a exención non cubre os gastos propios do recoñecemento médico (en torno aos 50 euros) debe aboarse tal cantidade por canto este procedemento é alleo á DXT.

Outros artigos

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.