No Son o PPdeG traslada ao sector pesqueiro a súa preocupación polas campañas de desprestixio do mar que se están a realizar

29 Marzo 2025

Os deputados do Grupo Popular, Gonzalo Trenor e Magdalena Pérez, mantiveron unha reunión cos patróns maiores das confrarías de Porto do Son, Portosín e Lira para expresar a súa preocupación polas campañas de desprestixio que, segundo eles, están a levar a cabo con intereses partidistas contra o sector do mar en Galicia.

Os deputados populares criticaron o que consideran un uso político de cuestións como o vertido de pellets e o proxecto de Altri en Palas de Rei para “difamar sobre a calidade dos nosos produtos”. Segundo Trenor e Pérez, estas campañas buscan “sementar dúbidas” sobre a calidade dos produtos pesqueiros galegos e o estado das augas, o que prexudica a imaxe do sector.

Na reunión, na que tamén participou o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, os deputados analizaron a situación do sector marítimo galego e avogaron por un desenvolvemento pesqueiro sostible que combine o traballo dos pescadores co respecto polo medio ambiente. Ademais, expresaron a súa esperanza de que o novo comisario de Pesca e Océanos da Unión Europea, Costas Kadis, aposte por esta liña de traballo.

Os deputados populares comprometeron o seu traballo para “manter e defender a boa imaxe da pesca galega”, contrarrestando o que consideran “bulos” que poden danar ao sector.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.