“Mulleres valentes” – José Manuel Pena

07 Marzo 2025

Hai mulleres valentes que pasan desapercibidas para a maior parte da poboación. Un dos casos que máis me crearon estupor e indignación foi a de Isabel, unha nai galega que perdeu ao seu marido por culpa dun suicidio e case queda sen o seu único fillo, menor de idade, ao tentar a Administración autonómica quitarlle a custodia. Todo iso por culpa dun desafiuzamento inxusto na súa vivenda habitual e de que apenas tiñan ingresos para poder sobrevivir.

Hai algún tempo o seu marido non puido aguantar tanta presión e puxo fin á súa existencia, Isabel atopouse soa co seu fillo, durmindo na rúa e cunha forte depresión. As diferentes administracións públicas, mentres tanto, mirando para outro lado, coma case sempre. Se non fose por varios cidadáns comprometidos da localidade xa estaría morta.

Actualmente, en espera dunha vivenda pública, atópase acollida nunha casa dun bo veciño pero as súas penurias continúan. Por se fose pouco, agora no colexio, o seu fillo pódese perder unha excursión cultural por non dispoñer de 30 euros. Mesmo, desde o colexio, nin lle entregaron o impreso co aviso da futura excursión á neve.

Si, se todo isto está a ocorrer e nunha das cidades máis poboadas de Galicia. Onde hai grandes fortunas, empresas con suculentos beneficios e políticos cobrando soldos millonarios, pero onde tamén existen familias malvivendo en total exclusión social sen ningún tipo de axuda pública.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.