“Migrantes, políticos e grandes mentireiros: unha realidade ignorada” – Antón Luaces

19 Marzo 2025

Na miña, ao igual que na maioría das familias galegas, houbo emigrantes: un avó que botou en Cuba 30 anos; un tío e a súa muller e catro primos -tres mulleres e un home- que pelexaron contra os fríos de Suiza e Francia e, após anos de estadía neses países, construíron as súas novas casas, e un tío avó que tamén viaxou a Cuba e residiu aló algúns anos. Todos, dun ou doutro xeito, conformáronse con gañar unha presa de cartos que investiron en mellorar as súas vjvendas, comprar unhas leiras nas que partir o espiñazo e asegurar unha xubilación sen sobresaltos económicos.

Este é asimesmo, o obxectivo dos milleiros de persoas que de distintos países africanos, europeos -nomeadamente da antiga URSS- e latinoamericanos acceden a España. Son migrantes que, ao igual que os galegos facían en Cuba, Arxentina, Uruguai, Venezuela, Suiza, Francia, Inglaterra, Alemaña, etc., percuran un traballo, unha formación e un salario que lles permita axudar ás súas respectivas familias e xuntar uns cartiños para cando retornen ao seu país.

Estes migrantes son os que, actualmente, aportan polo seu traballo os máis altos índices nas estatísticas de emprego en España e os que coas súas cotas da Seguridade Social contribúen ao sostemento da caixa común que permite que millóns de traballadores no Estado español poidamos percibir as pensións de xubilación que nos corresponden. Porque, que se saiba, o estado de benestar do que desfrutamos en España non sería posible de non contar como contamos coa man de obra estranxeira. Esa man de obra que, a día de hoxe, rexeitan en España partidos da dereita e ultradereita aos que a España franquista que tanto defenden enviaba á emigración por millóns en barco, trens, microbuses e taxis (nos últimos anos en avión) legal ou ilegalmente. Unha España, a de Franco, que non entendía que Suíza rexeitara emigrantes ou que Francia puxera reparos á mesma aínda sabendo que os migrantes ocupaban postos de traballo que os nacionais non  querían . O mesmo que acontece hoxe en día en España.

Que sexan discípulos do franquismo os que hoxe negan traballo aos migrantes non deixa de ser un contrasentido.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.