Medra o número de incidencias relacionadas coa borrasca Martinho

20 Marzo 2025

Máis de 400 (447) incidencias nas últimas 24 horas, 360 desde as 00:00 e ata as 12 horas de hoxe xoves.

Seguen a ser as árbores caídas, os postes, os cables, os carteis e os diferentes obxectos que desprazan polo vento o que está a causar a maior parte das incidencias na circulación.

En concreto, desde as 00:00 horas de hoxe e ata este mediodía, contabilizáronse no 112 Galicia 213 incidencias causadas pola vexetación que se desprende e obstaculiza as estradas. Por iso, é necesario continuar coas medidas de auto protección tanto nos desprazamentos por estrada ou a pé.

Tamén son frecuentes os derrubamentos de postes de telefonía e subministro eléctrico, coa consecuente caída dos cables e mesmo de carteis e sinais de tráfico. Este tipo de incidencias suman unhas 37 tamén no período desde as 00:00 horas ata as 12 deste mediodía.

Do mesmo xeito, debemos salientar as intervencións que están a realizar os equipos de emerxencias, isto é, bombeiros, membros do GES e servizos municipais de Protección Civil, para solventar con carácter preventivo situacións que poderían derivar en danos ben sexan de carácter persoal ou material. Dentro deste apartado, sitúanse a retirada de obxectos inestables.

Igualmente, seguen a ser moi numerosas as incidencias relacionadas coa caída de tellados ou elementos das cubertas (29 intervencións). Neste senso, debemos lembrar os sucesos rexistrados nas primeiras horas da mañá en Cangas, onde se desprenderon boa parte dos tellados dos centros educativos da Rodeira e María Soliña, o que levou á suspensión das clases. Tamén en Narón, produciuse unha situación similar no Colexio de Piñeiros, e, en Ribeira e Pazos de Borbén, voaron as cubertas da depuradora de Touro e a Casa do Concello, respectivamente. 

Ademais, unha persoa resultou ferida na Coruña pola caída dunha uralita na Rúa Cardenal Cisneros e outra en Cangas pola caída dunha árbore enriba do seu vehículo. Esta persoa necesitou tamén a axuda dos Bombeiros do Morrazo para poder saír do vehículo.

Aínda que sen feridos, en Santiago rexistrouse outro accidente de tráfico causado pola caída dunha árbore na N-550, en Enfesta. Un primeiro choque dun turismo contra a árbore provocou unha colisión en cadea con tres vehículos implicados.

É necesario aclarar que a meteoroloxía non é a única causa dos accidentes nas estradas, pero, nas últimas 24 horas, o 112 Galicia contabilizou un total de 68 sinistros (aumentou a cifra desde o último Boletín).

Reparto das incidencias por provincias
Por provincias, Pontevedra concentra o maior número de incidencias (178), seguida da Coruña (84), Ourense (54), Lugo (48). Deste xeito, os concellos máis afectados dentro de Pontevedra son: Vigo, Pontevedra, Mos, A Estrada e Cangas; na Coruña, Ribeira, Fisterra, A Coruña, Cee, Santiago; en Ourense, Xinzo de Limia, Ourense, Laza, Paderne de Allariz, Celanova, Maceda; e, en Lugo, Lugo, Monterroso, Sarria, Monforte, Chantada, O Corgo. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.