Galicia afronta este martes de entroido, San Casimiro, cunha nova xornada marcada pola influencia do anticiclón situado ao norte e das baixas presións no sur da península, o que deixará un réxime de ventos de compoñente leste. Neste contexto, agárdase unha alternancia de nubes e claros en xeral, aínda que as provincias de Lugo e Ourense poderían rexistrar algúns chuvascos.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que o vento soprará frouxo de compoñente leste, con intervalos de intensidade máis forte entre os cabos de Bares e Fisterra.

O noso mar; Vento do nordés á mañá e á noite e do nordés á tarde, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 2 a 4 á tarde. Marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove