Mar anuncia un investimento de 800.000 euros na mellora dos portos do Muros

05 Marzo 2025

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, anunciou un investimento de máis de 800.000 euros en distintas actuacións ao longo deste ano destinadas a mellora das infraestruturas e servizos dos portos de Muros. Así o comunicou hoxe o conselleiro Alfonso Villares nunha visita ao porto muradán para presentar os proxectos previstos para o municipio.

O conselleiro, que estivo acompañado na súa visita polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e foi recibido pola alcaldesa, María Lago, deu a coñecer os detalles da obra de reconstrución dun tramo de peirao na dársena interior de Muros, que se atopa en fase de licitación dos traballos. O prazo de presentación de ofertas remata o 17 deste mes.

Esta actuación, orzamentada en 361.000 euros suporá a reconstrución de 18 metros de peirao para reforzar a súa estabilidade afectada pola propia acción do mar.

O conselleiro explicou que o prazo de execución dos traballos será de 6 meses e que “se reforzará a seguridade das persoas ou maquinaria que circule por esta zona ao tratarse dun espazo accesíbel para o tránsito”.

Os labores incluirán tamén a reposición de todos os elementos de mobiliario urbano e servizos afectados.

Durante a súa visita, Alfonso Villares presentou tamén o proxecto para a mellora da rampla de Esteiro, que se atopa xa redactado. As obras, que se prevé que poidan iniciarse antes de final de ano “consistirán na construción dunha rampla de descarga para dar servizo ás embarcacións menores con base no porto sobre o peirao existente”, dixo, engadindo que este proxecto conta cun orzamento de 215.000 euros e un prazo de execución de 6 meses. Esta actuación dá resposta a unha demanda reiterada pola confraría de pescadores de Muros.

Finalmente, o conselleiro anunciou tamén o próximo inicio das obras de substitución das luminarias portuarias por tecnoloxía LED con control telemático. Esta actuación realizarase en primavera en función da meteoroloxía. Portos de Galicia investirán 233.000 euros nestas obras que permitirán un aforro enerxético estimado do 60%.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.