José Ramón Gómez Besteiro destaca a construción dun novo proxecto de goberno no PSdeG tras o 15.º Congreso Nacional

15 Marzo 2025

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reuniu esta mañá á Comisión Executiva Nacional Galega (CENG) do partido no Centro de Estudos Avanzados da USC, despois do 15.º Congreso Nacional celebrado a pasada fin de semana. Neste primeiro encontro do novo órgano de dirección, Besteiro destacou a importancia de construír o “proxecto da única alternativa de goberno para Galicia” dende a “ilusión”, asegurando que a nova Executiva conta cun forte respaldo do 93% dos delegados e delegadas do Congreso, o que lle confire “fortaleza e lexitimidade”.

A nova CENG, de carácter paritario e coa presenza destacada de mozos e mozas, reflicte un claro compromiso coas demandas sociais e a renovación interna do PSdeG. Besteiro subliñou que, lonxe de centrarse na xuventude dos novos integrantes, o que resalta é a súa “capacidade”, un aspecto que será clave para afrontar os retos futuros.

Durante a xuntanza, o líder socialista fixo fincapé en que o resultado do Congreso marca o inicio dunha nova etapa para o PSdeG, cun obxectivo claro: “Ganar a confianza dos galegos e galegas”, coas eleccións municipais de 2027 como o primeiro reto inmediato. Para iso, destacou que a nova Executiva estará formada por secretarías que aborden “os problemas reais de Galicia”, como a vivenda, o cambio climático, a industria, o emprego ou a mobilidade, ao tempo que se preparan para afrontar “novos retos”, como a innovación, a intelixencia artificial, a transformación dixital e a rexeneración democrática.

A reunión tamén serviu para a presentación oficial de Lara Méndez como nova secretaria de Organización do partido. Besteiro eloxiou a súa capacidade de diálogo, a súa traxectoria de consenso dentro do PSdeG e a súa ampla experiencia, tanto en funcións orgánicas como na xestión pública. Ademais, destacou a súa orixe no mundo municipal, un ámbito crucial para un partido cuxos alcaldes e alcaldesas gobernan concellos que abarcan a metade da poboación galega.

Este encontro marca o inicio dunha nova fase para o PSdeG, que busca consolidar a súa posición como alternativa de goberno en Galicia, mirando xa ás próximas citas electorais.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.