Incendio nun edificio de Santiago deixa nove persoas afectadas

26 Marzo 2025

Nove persoas precisaron asistencia sanitaria tras rexistrarse un lume no baixo dun edificio de Santiago

Un incendio declarado na sala de contadores dun edificio da rúa de Laverde Ruiz, en Santiago de Compostela, provocou unha densa fumareda que se propagou rapidamente polas escaleiras do inmoble. O lume, de orixe eléctrico, obrigou a intervir aos servizos de emerxencia.

O 112 Galicia recibiu varias chamadas de alerta contra as 10:45 horas de particulares preocupados pola situación, algúns deles atrapados nas súas vivendas sen posibilidade de saíra. Varias persoas lograron abandonar o edificio, pero unha delas sufriu unha ferida nunha perna ao caer mentres escapaba polo portal.

Os Bombeiros de Santiago continúan traballando na extinción e ventilación do inmoble, contando coa colaboración da Policía Nacional e Local, ademais dos servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo informaron os equipos de emerxencia, nove persoas precisaron asistencia sanitaria, das cales cinco foron trasladadas a un centro hospitalario para unha avaliación máis exhaustiva.

TVG

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.