Incendio na cociña dunha vivenda en Teaño, no Concello de Boiro

30 Marzo 2025

Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro acudiron a sufocar un incendio na cociña dunha vivenda baleira no lugar de Teaño, no Concello de Boiro.

O foco estaba concentrado na cociña e as lapas chegaron ao teito. Unha vez apagado o lume ventilouse a casa cun turbo ventilador e abríronse as fiestras. Fíxose tamén unha medición de gases na que se detectaron concentracións de CO2. Informouse da situación aos propietarios que indicaron que ninguén quedaría na vivenda e que se continuaría coa ventilación de xeito natural.

Nesta intervención participaron tamén os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.