“Galicia lidera a excelencia sanitaria, máis a tardanza en atender fracturas óseas e dotar aos doentes de medios de atención non mellora”. Antón Luaces

13 Marzo 2025

Galicia, especialmente os centros hospitalarios de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, está recoñecida coma unha das comunidades autónomas nas que a excelencia sanitaria prevalece no conxunto de España. De feito a comunidade galega recibiu o ano pasado catro galardóns nos premios Best in Class, e a Consellería de Sanidade foi recoñecida pola súa traxectoria na categoría Calidade na Atención ao Doente. Amáis, a Unidade da Dor do Hospital da Coruña foi merecedora do premio ao mellor servizo nacional.

Emporiso, e segundo o Informe de Problemas de Subministración , o ano pasado producíuse unha diminución do 13% destes eventos verbo do ano anterior, o que evidencia que os problemas de subministración de medicamentos se reduciu en España.

A maior abundamento, nas últimas semanas evidénciase a falta de dotación aos doentes dos elementos  necesarios para a realización de analíticas de sangue, ouriños, feces, etc., pola carencia nos centros de contedores de mostras e outros adminículos necesarios para a estración das mostras dos contedores.

Aínda así, Galicia lidera a excelencia sanitaria após ser recoñecida cos catro galardóns nos premios Best in Class xa citados,  e a Consellería de Sanidade foi recoñecida á súa vez pola traxectoria na categoría de Calidade na atención ao doente.

Outra das eivas que se recoñecen na asistencia médica pública de Galicia é a tardanza polos servizos de cirurxía traumática, que obriga ao doente afectado por fracturas -especialmente no aparato motor- a permanecer dúas ou máis semanas agardando a que o servizo de traumatoloxía dispoña de quirófano e cama para o doente afectado, inmobilizado e, en moitos casos, dependente da axuda dun familiar ou amigo en domicilio, cando non, a maiores, dos servizos sociais do concello de residencia.

Recoñecendo a valía da sanidade pública galega, esta (con 82 pungos) non se atopa nos primeiros postos  do ranking nacional que encabeza  a madrileña, con 7 de seus hospitais entre os 15 mellores de España. Por contra, a Comunidade  Valenciana é a que conta cos piores servizos sanitarios. Esta comunidade puntúa un 62 sobre un total de 142 posíbeis, máis de 20 puntos por baixo da media nacional (85,41).

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.