“Este venres concerto de corais en homenaxe ao pintor Manuel Gulín”

05 Marzo 2025


Actuarán o Orfeón Lucense e o Coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, no salón de actos da Delegación da Xunta de Galicia en Lugo
O salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá este venres, día 7, un concerto de corais en homenaxe ao pintor Manuel Gulín; comezará ás 20,00 horas e a entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.

A homenaxe estará protagonizada polo Orfeón Lucense e o Coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo, e foi presentada hoxe na Delegación polos presidentes de ambas entidades, Xulio Xiz e Ángel Trabada, respectivamente, e polo director territorial de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández.
Manuel Gulín, natural de Ribadavia, desenvolveu gran parte da súa vida en Lugo, onde faleceu en setembro do 2023. Foi un destacado membro da escena cultural da provincia; expuxo a súa obra en numerosas exposicións individuais e colectivas e mantivo unha colaboración constante como xurado con certames culturais como os do Belén de Begonte ou os da Biblioteca Pública Provincial.
No acto do venres, Xiz e Trabada lembrarán tamén o seu labor como membro de ambas corais, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recordará a súa faceta como responsable do departamento de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en Lugo.
No apartado musical, a Coral da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago estará dirixida por Esperanza Iglesias, e o Orfeón Lucense por Marcos Manuel Fernández, titulares das agrupacións.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.