Este sábado 8 de marzo arrinca con “Quen o diría” a Mostra de Teatro Amador de Outes

05 Marzo 2025

O grupo de teatro Terra de Outes e o Concello de Outes achegan esta tempada unha iniciativa cultural que pon o foco nas artes escénicas dende un punto de vista non profesional: a primeira edición da Mostra de Teatro Amador de Outes “Nicolasa Añón”. A axenda inclúe funcións todos os sábados ás 20.00 horas, dende o 8 de marzo ate o 12 de abril, no auditorio da Casa da Cultura. A escolma de pezas a representar foi elaborada pola Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes conxuntamente co Concello. O obxectivo da mostra é dar a coñecer agrupacións de teatro amadoras e achegar o seu traballo á veciñanza e visitantes.

As obras serán de acceso libre e gratuíto ate completar aforo polo que non se farán reservas.

As funcións comezan este sábado 8 de marzo, con Quen o diría, da Asociación Charamela de Melide.

As representacións continúan o 15 de marzo con Torrente, república independente, de Conxoconarte (Conxo, Santiago).

Proseguen o 22 de marzo con O Mestre, da Asociación Cultural O Xeito de Esteiro (Muros).

O 29 de marzo será a quenda de Asalto de cama, de Teatro do Muíño (Laraño, Santiago).

O 5 de abril celebrarase a estrea da obra O doente imaxinario… Daquela maneira do grupo anfitrión.

A axenda remata o 12 de abril con Moito ruído e poucas noces, de Teatro Carauta (San Pedro, Santiago).

A axenda ao completo pódese consultar na web municipal, outes.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...