Este domingo 23 celébrase a VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira

22 Marzo 2025

Este xoves 20 de marzo presentáronse os detalles da VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira, que se celebra este domingo 23. Participaron na cita cos medios o rexedor ribeirán, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta máis o presidente do CNR Ribeira, Jesús Silva. A organización da regata corresponde o CNR Ribeira e disputarase entre o faro de Laghareu e o porto comercial de Ribeira, comezando ás 11:00 h. Previamente a reunión dos delegados está programada para as 09:30 h na carpa de xuíces que estará na líña de boias. Segundo explicaron, poderán participar tódolos equipos da Zona Norte da Liga Galega de Bateis coas tripulacións que desexen, dentro das categorías que se recollen no Regulamento de Competición da Liga Galega de bateis.

A regata desenvolverase conforme o Regulamento de Competición da Liga Galega de bateis. O finalizar a regata entregaranse medallas aos tres primeiros clasificados de cada categoría seguido da entrega de dúas bandeiras (feminina e masculina).

Jesús Silva falou das previsións meteorolóxicas: “Agardamos contar con
tódolos clubs xa que as derradeiras previsións do tempo non son moi boas, esperemos que nos deixe realizar a proba”, tamén falou do número de deportistas: “Contamos con arredor de 500 deportistas, sobre unhas cen
embarcacións e esperamos contar como mínimo co mesmo número de participantes”.

O percorrido será o habitual por fóra do porto exterior, a saída será do porto ao illote da Insua cunha distancia de 500 metros que varía con cada categoría.

Silva concretou para finalizar que a Xunta de Galicia poderá cancelar a proba: “De feito mañá cancelaron o adestramento por mor alerta laranxa”.

Pérez Barral animou á xente que nunca presenciou unha proba de bateis: “Animalas a que veñan a Ribeira que desfruten dunha competición que é tanto física coma mental e á vez unha sincronía de movementos; aporta o valor do traballo en equipo xunto co esforzo diario de adestramento”.

Barral rematou animando ás persoas da comarca para que se acheguen a Ribeira para gozar desta xornada de bateis “se o tempo o permite”.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

Muros vibrou este luns 5 coa espectacular visita dos Reis Magos

A AC Fouleada e o Concello de Muros organizaron un amplo programa de actividades festivas e de lecer para recibir e acompañar, este luns 5 de xaneiro en boa parte do concello muradá, ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Pola mañá, a comitiva do Carteiro Real...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.