En Dodro sae adiante o proceso de licitación do SAF por un importe anual de máis de 660.000 euros

28 Marzo 2025

O Consistorio de Dodro acolleu esta semana o pleno ordinario da Corporación local correspondente ao mes marzo e que, entre outros acordos, saldouse coa aprobación do proceso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar, SAF, por un importe anual de mais de 660.000 €.

Unha aprobación que contou cos únicos votos favorábeis do PSdeG-PSOE e o BNG. Unidade Veciñal de Dodro e Xente de Dodro votaron en contra.

O Partido Popular optou pola abstención e foi esta abstención, e o feito de que dos tres concelleiros da agrupación Xente de Dodro só asistira o voceiro, a que posibilitou a aprobación.

O grupo de Goberno sinalou que “a non aprobación deste procedemento tería sido un problema grave para os veciños e veciñas do concello, xa que suporía un parón nun dos servizos máis demandados no termo municipal, e agora poderá comezar un proceso que rematará coa adxudicación do SAF”.

Quen o precise pode ver a sesión na canle de Youtube do Concello.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.