Elisardo de la Cruz e Empatía Teatro levan a Rianxo (este venres) un dos grandes éxitos do teatro recente: “Esas cousas marabillosas”

25 Marzo 2025

O Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller este venres 28 de marzo, ás 21.00 horas, unha función da agrupación Empatía – Elisardo de la Cruz. Trátase de Esas cousas marabillosas, baseada na peza do mesmo nome do dramaturgo e director Duncan MacMillan, un fenómeno teatral a nivel mundial que chega agora a Rianxo da man da Área de Cultura do Concello e do programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.

A obra está dirixida, adaptada e traducida por Avelino González. O protagonista é Jonny Donahoe.

A entrada será de balde até completar a capacidade do recinto, con retirada de convites na billeteira dende unha hora antes do comezo da función (máximo dúas por persoa). É unha peza recomendada para persoas maiores de 14 anos.

Esas cousas marabillosas é unha obra para público adulto, emocionante, divertida, tenra e participativa, que conta unha historia de case tres décadas que comeza cando “mamá está no hospital”, vítima dunha tentativa de suicidio. Unha historia sobre saúde mental, depresión e morte, cuestións de moita solemnidade tratadas en clave de comedia para que nos poidan, todas elas, axudar a cambiar a nosa vida…. para ben.

A obra está protagonizada por Elisardo de la Cruz, e é unha adaptación dirixida por Avelino González da peza do mesmo nome de Duncan Macmillan e Jonny Donahoe.

Esas cousas marabillosas comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cun papeliño na man. Como dixemos, cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cando… mamá está no hospital:

«Fixo unha parvada”, di papá, porque: “resúltalle difícil ser feliz”.

Esta primeira tentativa de suicidio de mamá fai que o fillo (o protagonista), de sete anos daquela, comece a facer unha lista de todo o que é marabilloso no mundo. Todo polo que vale a pena vivir.

1. Os xeados. 2. As guerras de auga. 3. O primeiro baño do verán. 4. A cor azul. 5. As roupa a cadros. 6. Unha montaña rusa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.