“Da memoria” – Xulio Xiz

19 Marzo 2025

Ás veces, os netos preguntan sobre o pasado, pedindo claridade sobre cousas que o tempo se encarga de facer dubidosas. A última pregunta foi sobre Unamuno, que a muller de Franco tivo que protexer na Universidade de Salamanca, diante do perigo certo dun tolo xeneral alporizado porque o profesor lle espetou a verdade de “Venceredes pero non convenceredes”.

Millán Astray, que avogaba pola morte da intelixencia, e quixo fusilar a un camareiro do Méndez porque só pretendía servirlle o “prato único” que impoñía o goberno, nunca podería entender a un intelectual, por pertencer a mundos e tempos distintos, con sensibilidades contrapostas. Eran tempos convulsos, dixen, e completei a explicación coa frase de Ortega que, cando veu comezar a deriva da República, advertiu “non é iso; non é iso…”.

Non menos convulsos son os tempos de hoxe, cando parece como se as guerras se programasen como desafogo de todo tipo de pulsións, e cando non é a invasión de Ucraína por Rusia, é o conflito palestino con todas as súas derivadas, problemas en África, ou ataques de Trump no Iemen para eliminar perigosos terroristas. Confeso que canto máis me informo menos sei da realidade e posibles evolucións futuras. E se antes era Rusia o perigo certo para occidente, agora parece ser Trump o peor inimigo, sen descartar a China que nos vai absorber coa súa economía inmersiva.

Menos mal que os netos non preguntan por temas de hoxe, senón por cousas antigas, do século XX e máis atrás. Non sei se é que deste século nin lles falan, se o panorama é tan negro que é mellor calar, ou pasan da visión da contorna para refuxiarse na memoria histórica.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.