O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Política Social, Ana Vidal, despediron este xoves 13 de marzo aos veciños e veciñas que participan no programa Rianxo Termal 2025. O programa consiste en catro saídas ás Termas de Cuntis nos meses de marzo, abril, maio e xuño destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio.

O obxectivo da iniciativa é mellorar as opcións de lecer saudábel da cidadanía con visitas a establecementos do sector termal, balnearios e demais.
Recentemente a segunda tenente de alcalde e responsábel da área, Ana Vidal, valorou positivamente o desenvolvemento da edición anterior e sinalou que “foron as propias persoas participantes as que nos empuxaron a organizar unha nova xeira de saídas”.
As inscricións para esta nova edición abríronse o pasado 21 de febreiro e ofertaranse varias modalidades de matrícula.
A axenda inclúe un ciclo de saídas ás Termas de Cuntis, nos meses de marzo, abril, maio e xuño. O programa está destinado a persoas maiores de 50 anos empadroadas no Concello de Rianxo.
Datas
As saídas, que se efectuarán en horario de tarde, serán nas seguintes datas:
-Opción 1: 13 de marzo, 10 de abril, 8 de maio e 12 de xuño.
-Opción 2: 13 de marzo e 8 de maio.
-Opción 3: 10 de abril e 12 de xuño
O custo do programa, que inclúe a entrada ás termas e o desprazamento en autobús dende Rianxo, ten un custe de 80 euros por persoa para a opción 1 e de 40 euros para as opcións 2 e 3.
O programa conta cun máximo de 55 prazas.
Inscricións:
Mediante WhatsApp ao 664.185.489
Liceo Marítimo de Rianxo, de luns a venres (de 10:00 a 13:00 horas)
A través dos seguintes teléfonos 881.862.225 / 881.987.471




