“Coa vista posta nas eleccións municipais de 2027 (UCIN) continua loitando por Galicia”. José Luis Calo

12 Marzo 2025

UCIN Galicia xurdiu como un instrumento político fronte ás formas de proceder
dos partidos tradicionais co fin esencial de traballar polos nosos pobos e o mundo
rural. Integrado tanto por persoas con experiencia política como por outros que se
estreaban, conseguiu chegar ás eleccións municipais de 2023, alcanzando cinco
concelleiros. Actualmente, temos a vista posta nas próximas eleccións
municipais de 2027, nas que nos propuxemos como obxectivo a concorrencia no
maior número de municipios nas catro provincias e conseguir representación en
cada unha delas, e non desdeñable conseguir representación nas Deputacións,
aínda que para nós conseguir representación non é un fin en si mesmo, senón un
medio para poder conseguir un altofalante para denunciar os problemas da nosa
rexión. O noso partido é un partido de propostas e ideas e non de personalismos.
Somos un partido sen medios económicos por carecer totalmente de subvencións
que financien os nosos gastos, situación que suplimos con moito traballo
desinteresado, e de feito nos últimos anos fomentamos a visibilidade das nosas
reivindicacións cunha intensa actividade de comunicación coa redacción de
numerosas notas de prensa e coa organización ou apoio de accións
reivindicativas, que se verán incrementadas máis aínda se cabe nos próximos
meses. Somos a voz dos problemas en Galicia, pola independencia política fronte
á situación á que nos levaron os partidos nacionais, e así esperamos seguir moitos
anos máis.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.