Cinco detidos en Boiro por pertenza a grupo criminal e tráfico de drogas

11 Marzo 2025

A Garda Civil detivo a cinco veciños de Boiro como presuntos autores de pertenza a un grupo criminal e tráfico de drogas no marco da operación Mansao. Entre os arrestados atópanse catro homes e unha muller.

A investigación iniciouse no verán de 2024 tras detectarse un aumento de delitos contra o patrimonio na localidade, perpetrados por consumidores de substancias estupefacientes. Estes delitos adoitaban ocorrer nas proximidades dos puntos de venda xestionados polos detidos.

Durante a operación, os axentes incautaron 93 gramos de heroína, 84 gramos de cocaína, máis de 10 gramos de haxix, catro gramos de marihuana, 450 euros en efectivo e diversos utensilios para a manipulación e distribución das substancias.

As pescudas permitiron identificar os membros do grupo, quen adoptaba medidas de precaución para evitar a acción policial. Entre elas, destacaba a suspensión da actividade cando sospeitaban que estaban a ser investigados. Ademais, o líder do grupo, coñecido polas autoridades por delitos similares, só reuníase con intermediarios que abastecían a terceiros, deixando o resto das vendas en mans dos seus compañeiros, aínda que sempre baixo a súa supervisión.

A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.