Boiro recibe da Deputación unha subvención por importe de 26.922 euros para a dinamización do coworking Lab Barbanza

11 Marzo 2025

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de preto de 27.000 euros para financiar gastos de dinamización do espazo coworking Lab Barbanza, pertencente á Rede de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña.

O importe da subvención está destinado ao financiamento da asistencia técnica que realiza o asesoramento e acompañamento ás empresas instaladas no espazo, así como aquelas novas que desexen formar parte deste espazo de traballo colaborativo e innovador e que conten cun proxecto empresarial en fase de incubación ou preincubación.

Na actualidade atópanse instaladas no espazo 11 empresas de diversas tipoloxías como o ámbito forestal, a publicidade, unha nova firma innovadora (startup) con enfoque tecnolóxico, ou unha iniciativa que busca desenvolver proxectos dende unha perspectiva ambiental responsábel.

As solicitudes para formar parte do Lab Barbanza do Concello de Boiro están abertas durante todo o ano e poden facerse presentando a solicitude no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. As bases e regulamento están dispoñíbeis para a súa consulta na web municipal.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.