“Ave, Alcalde” – Xulio Xiz

26 Marzo 2025

Ave, Miguel, Alcalde… Os que andan a sufrir, saúdante!. Xa perderamos a conta do tempo que levamos esquivando obstáculos polo centro da cidade por mor das obras que hai que soportar para a peonalización case total do corazón lucense, e que comprendemos hai que sufrir aínda que non coidabamos que as molestias ían ser tan fortes e duradeiras.

O problema da longa duración complicouse pola simultaneidade en varias rúas, e que houbera que sacrificar pavimentos que non sabían de tráfico mentres outros se renovaban, coa necesaria reparación posterior do desfeito. Pero o difícil de asimilar é que Quiroga Ballesteros teña un novo pavimento manifestamente agredido, e que, xa que o hai que reparar, se faga pasar o tráfico por alí mentres se acaba de amañar Santo Domingo e se repara San Marcos.

Que eu teña chegado a perderme neste labirinto provisional non me fai dubidar da miña capacidade, xa que a situación, aparentemente caótica, permíteme achacalo á provisionalidade que parecía definitiva, facéndonos sospeitar que o estado de obras era o mellor xeito de prepararnos para as limitacións peonís que nunca poden ser máis onerosas ca a situación actual.

Facía falla un toque de atención que demostrase que alguén controlaba a situación, e foi a nova primeira autoridade municipal a que evidenciou a consciencia do caos experimentado durante tanto tempo, e entendo que – a noventa días vista – a satisfacciónn foi xeral e – superando distancias e situacións ben diferentes- lembrei aquela vella canción de Carlos Puebla que proclamaba moi ás claras “llegó el Comandante, y mandó a parar”. Era hora.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.