Ana Peleteiro, campioa de Europa en pista cuberta

07 Marzo 2025

A deportista ribeirá Ana Peleteiro logrou na xornada deste venres 7 de marzo a medalla de ouro nos europeos en pista cuberta que se celebran na cidade de Apeldoorn (Países Baixos). Fíxoo cunha marca de 14 metros e 37 centímetros. A de Santa Uxía completou deste xeito o seu fito dobre a nivel europeo, de feito tamén é a actual campioa na modalidade de aire libre, marca conseguida en Roma este verán. A clave da participación de Peleteiro nestas probas europeas estivo na súa segunda tentativa, cando foi quen de cruzar a liña dos 14 metros chegando até os 14,20, mentres os seus rivais directos quedaron por debaixo dos 14. Na quinta tentativa Ana chegou aos 14,37, que é a marca actual máis destacada en Europa. Con este gran fito deportivo acadou a primeira medalla de ouro para España neste evento deportivo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.