Adxudicado o contrato para garantir a asistencia sanitaria presencial a quen visite as Illas Atlánticas

19 Marzo 2025

A Xunta adxudicou por preto de 175.000 euros o contrato para garantir a asistencia sanitaria presencial aos visitantes no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ao longo deste ano e tamén do seguinte.

O Faro de Sálvora

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático quixo garantir con esta medida “a dispoñibilidade deste servizo as 24 horas do día no caso de Cíes e de Ons coincidindo cos dous períodos de tempada alta nos que existe transporte regular ás illas e nos que o límite de visitantes é maior: do 15 de maio ao 30 de setembro e durante os 10 días da Semana Santa”.

A maiores, a adxudicataria do contrato tamén se fará cargo da asistencia sanitaria que poida ser necesaria durante as excursións organizadas a calquera dos catro arquipélagos que integran o Parque Nacional (Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora). En total, cada ano organízanse 20 viaxes deste tipo ás illas fóra de tempada alta.

Para garantir unha correcta prestación do servizo e cubrir as correspondentes quendas de traballo, o contrato require un mínimo de catro diplomados ou graduados en Enfermería. Ademais, a empresa debe contar cunha persoa que teña experiencia coordinando equipos no ámbito sanitario en espazos remotos.

Nas épocas sinaladas a asistencia prestarase durante todo o día, con 8 horas de servizo presencial no punto de primeiros auxilios ou na caseta de enfermería existentes en Cíes e en Ons. Así mesmo, en caso de que xurda unha incidencia noutro lugar destes arquipélagos, o persoal sanitario desprazarase ata alí xunto con traballadores do propio parque ou doutros servizos de emerxencias.

Co fin de poder “desenvolver correctamente o seu traballo”, o contrato exixe que en cada un dos postos de primeiros auxilios haxa dispoñíbel un mínimo de material sanitario, entre o que cómpre citar un desfibrilador externo semiautomático, boticas de primeiros auxilios, un colariño adulto e pediátrico, férulas, padiolas ou táboas de RCP (reanimación cardiopulmonar), entre outros.

A prestación do servizo establécese no propio contrato para 2025 e 2026 aínda que se prevé unha posible prórroga por un máximo de dous anos (é dicir, 2027 e 2028) en cuxo caso o valor estimado para todo o período roldaría os 350.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.