“Adeus, amigo, por sempre compañeiro dunha outra Radio que emitirá desde a eternidade a partir de hoxe” – Antón Luaces

14 Marzo 2025

Permítame lector que hoxe entre na intimidade dunha persoa da que sempre me sentín debedor: Rosendo Rocha Villaverde, un cesureño de 80 anos que se fixo coruñés de adopción cando, con 17 anos, veu estudar electrónica na vella escola de Mestría Industrial ubicada nas inmediacións da fonte de Catro Camiños da daquela considerada capital de Galicia.

Cos seus incipientes coñecementos da electrónica aplicada á radio, Rosendo formou parte dun equipo técnico capitaneado por Enrique Fernández Calviño (ex profesor de tecnoloxía da antiga Escola Oficial de Náutica), con Edmundo Naya Naya (formidable construtor de guitarras nas súas poucas horas libres) residente en Iñás-Oleiros; Bernardo Díaz, cedeirés que tamén comezou a súa carreira técnica na Coruña para, logo, desempeñar un alto cargo en Madrid na estrutura da CAR (Cadea Azul de Radiodifusión); Paulino Santos, que compatibilizaba a súa responsabilidade como especialista de son coa de técnico de alta, e Fernando Díaz Corujo, coruñés de Catro Camiños con recendos monfortinos, técnico de alta e especialista de control e son. 

Un equipo inigualable que me obriga a dicir por eles e con eles, que estou a falar da única Escola de Radio (EFJ-11) existente en Galicia e da que formaban parte, entre outros, Josè Couceiro Tovar (director), Pantaleón Bada Gómez (xefe de programas), Miguel Méndez (xefe de emisións), Pablo Campos Manrubia (locutor), Ananda Español Villar (locutora), Maruchi Guzmán Sanguino (locutora), Carlos Julio Beceiro Ledo (locutor), Carmen Deus (locutora), José María Comesaña (locutor), José Luis Arias (locutor), Rosa María Rodríguez-Rincón (locutora), María Teresa Vivero (locutora), Santiago Vilariño (locutor e técnico de son), Carlos López-Cortón Nahón (técnico de son e comentarista musical), Gerardo Fraga Blanco (técnico de son), Juan Guillín Varela (redactor deportivo e director do programa “Festa no aire”, que presentaba Manuel Hernández Sánchez (Manuel de Sanhernán), José María Guimaraens (redactor deportivo en “Saque de banda”), José Antonio Martínez Arias (redactor deportivo) e outros redactores como Antonio Amado, Jaime Guimaraens, Mario González Velo, Ángel Padín Panizo, Manuel Torre Iglesias…

Todos os citados, ligados directa ou indirectamente con quen motiva polo seu falecemento esta lembranza, o devandito Rosendo Rocha Villaverde, que nos deixou definitivamente para se converter en memoria indeleble de tantas e tangas xornadas de radio naquela  Radio Xuventude de Galicia, que emitía dende o segundo andar do edificio A Terraza, nos xardíns de Méndez Núñez, onde hoxe elabora a unidade informativa de TVE as súas aportacións aos telexornais.

O benquerido Rosendo Rocha Villaverde xa é pó. Para el, que non  tiña medo a subir a unha antena de máis de 30 metros de altura e para quen un equipo emisor de máis de cen quilovatios era como un simple paso nas ondas, axustar os equipos pola  modulación de determinados locutores era tarefa máis grata que o emprego a esta fin de aparellos electrónicos “menos fiables”, dicía, ca voz humana.

Que gran persoa e que gran amador da radiodifusión nos deixou, amigo lector. Mágoa perdelo, porque xa non poderemos falar de Radio con ninguén que tanto soubera deste medio coma el.

Agora modulará cos arcanxos a radio do ceo do que tan preto estaba cando agatuñaba as antenas.

Descansa en paz, amigo de sempre para sempre. Un día calquera imos parolar desa outra radio que axustas no dial celestial. 

Outros artigos

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“En el cumplir de días de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“En el cumplir de días de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

EN EL CUMPLIR DE DÍAS DE ALFREDO CONDE Si el tiempo cabe en un vaso de las horas, bébelo despacio; si nace en un reloj de cuco, disfrútalo como un canto; si lo impone un reloj de pulsera, lúcelo con elegancia; mas si lo dicta un reloj de sol, entrégate a su luz con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.