Accidente de tráfico no concello de Ribeira

31 Marzo 2025

Este domingo 30 de marzo ás 21:45 h., o Parque Provincial de Ribeira recibiu aviso dun accidente cun vehículo e un ciclomotor implicados, sen persoas atrapadas pero si feridas.

Ao chegar ao lugar, a Policía Local de Ribeira xa se atopaba alí dirixindo o tráfico. Os integrantes do vehículo non sufriron danos de relevancia, mentres que condutor do ciclomotor, un adolescente, atopábase tendido no chan, dorido pero consciente. Estaba a ser atendido pola súa nai e unha transeúnte que se identificou como médica.

En canto chegou a ambulancia, os bombeiros axudaron ao persoal de emerxencias a retirar o casco do ferido, colocarlle un colariño e trasladalo en padiola ata o vehículo, para ser trasladado despois ao hospital do Barbanza. Remataron a intervención coa limpeza da estrada.

O accidente tivo lugar na avenida da Coruña, no concello de Ribeira. Completaron o servizo Policía Local de Ribeira, GRUMIR de Ribeira e 061.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.