A Xunta inviste case 174.000 euros en melloras en centros educativos de Rianxo e Boiro

24 Marzo 2025

As obras incluíron cambios de carpintarías, ampliación dun comedor e actuacións de eficiencia enerxética

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou tres centros educativos nos que se realizaron diversas melloras cun investimento de case 174.000 euros. Os centros beneficiados foron o CEP Xosé María Brea Segade e o IES Félix Muriel, en Rianxo, e o CEIP Santa María do Castro, en Boiro.

Belén do Campo destacou que estas actuacións forman parte do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que entra na súa segunda fase cun orzamento de preto de 500 millóns de euros para a mellora dos centros educativos galegos. O investimento previsto para o período 2025-2028 ascende a máis de 267 millóns de euros, sumándose aos 230 millóns xa executados entre 2021 e 2024.

Melloras no CEIP Santa María do Castro de Boiro

O CEIP Santa María do Castro contou cun investimento de case 50.000 euros para ampliar o comedor escolar, utilizando para iso a antiga casa do conserxe. Ademais, realizáronse diversas melloras no espazo, como a renovación do mobiliario, a instalación dun falso teito acústico, novos equipos de iluminación LED e a mellora da calefacción. Tamén se realizó unha nova distribución dos espazos para mellorar a funcionalidade do centro.

Actuacións no IES Félix Muriel

Neste instituto de Rianxo investíronse preto de 48.000 euros para a substitución parcial da carpintería exterior. O proxecto incluíu o cambio de 14 ventás por novas estruturas de aluminio con rotura de ponte térmica, dobre vidro e persianas incorporadas, contribuíndo a unha maior eficiencia enerxética.

Renovacións no CEP Xosé María Brea Segade

Con 76.000 euros de investimento, este centro beneficiouse de tres actuacións clave: a renovación da instalación eléctrica, a substitución da caldeira e a mellora do alicatado no vestíbulo. Ademais, realizáronse reparacións complementarias, como a instalación dun novo falso teito nun dos baños, a reparación dun pasamáns e a substitución de ventás en perfilería de aluminio.

A delegada da Xunta resaltou que estes investimentos reflicten o compromiso do Goberno galego coa mellora das infraestruturas educativas, garantindo espazos máis confortables, seguros e sostibles para o alumnado e profesorado.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.