A Xunta acusa a Concello e Costas de “abandono de funcións” na vertedura por hidrocarburos na Ribeiriña

21 Marzo 2025

O Goberno galego insta aos responsables municipais, como administración competente, e á Demarcación de Costas a actuar con dilixencia para eliminar este foco de contaminación detectado na Pobra do Caramiñal

A Xunta acusa ao Concello de Pobra do Caramiñal e a Costas do Estado de “abandono de funcións” na vertedura por hidrocarburos na Ribeiriña pola que foron pechados varios bancos marisqueiros. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, mantivo un encontro de traballo con representantes do pósito no que tamén se abordou a situación dos bancos marisqueiros afectados por este episodio de contaminación.

A directora xeral criticou a xestión da Demarcación de Costas, a quen o Goberno galego requiriu información sobre actuacións na zona do Estado no ano 2022 – de rexeneración do borde litoral e de retirada de hidrocarburos na parcela da antiga fábrica da Onza de Oro durante esas obras-, a presentación dunha proposta de investigación analítica para coñecer o estado actual así como a proceder de forma inmediata a realizar os traballos necesarios para a contención da contaminación.

Así, explicou que o departamento estatal contestou ao requirimento dunha investigación de xeito incompleto, un mes despois, polo que foi remitido un novo requirimento para que se subsanasen as deficiencias detectadas nun prazo de 10 días. O pasado venres pola tarde foi recibida unha nova proposta, que foi aprobada este martes polo que concédese un prazo de 4 meses a Costas para que presente o seu informe final e, partir dos resultados obtidos, determinaranse as actuacións a seguir.

Tamén sinalou que foi solicitado no mes de xaneiro ao Concello de A Pobra do Caramiñal un Informe sobre as medidas urbanísticas adoptadas, previstas ou en curso en relación coas instalacións de Hadasa, Información sobre as actuacións ou medidas de seguridade realizadas respecto aos residuos detectados e sobre as accións destinadas a mitigar os riscos ambientais e protexer a salubridade pública así como copias dos informes técnicos, expedientes ou calquera outra documentación relevante. Ao non recibirse resposta, o 18 de febreiro reitérase a petición de información da que, a día de hoxe, non consta contestación.

Unha actuación que contrasta ca realizada pola Xunta, que interveu desde o primeiro minuto desde que foi notificado o vertido. Polo que respecta á Consellería do Mar, activando o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) e desprazando ao lugar efectivos do servizo de Gardacostas de Galicia que inspeccionaron a zona e despregaron material anticontaminación e realizaron traballos de abatemento mecánico da lámina de auga contaminada para a súa eliminación. Así mesmo, interviñeron técnicos tanto da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade como de Augas de Galicia, ambos dependentes da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Peche dos bancos

Por outra banda, Marta Villaverde informou que a resolución da Departamento Territorial da Consellería do Mar, pola que non se permite a actividade marisqueira en tres bancos marisqueiros debido a detección de presenza de hidrocarburos nas análises realizados polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar). Esta modifica a emitida en febreiro que autorizaba a extracción de navalla en marzo e moluscos bivalvos a pe nos meses de marzo, abril e maio.

Nesta liña, sinalou que o peche destas zonas produtivas está condicionado aos resultados de vindeiras análises que realice o Intecmar para comprobar a evolución da presenza de hidrocarburos e, no caso de que se constate unha melloría, avaliarase a reapertura dos bancos afectados. 

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.